SABÍAS QUE... (GORILAS)
Sabías que os gorilas…
- Son os máis grandes dos primates vivos.
- Que o seu ADN é un 97-98 % igual ao humano, sendo o máis próximo a este despois das dúas especies de chimpancé (98–99 %).
- Son polígamos (poden ter varias femias.
- Viven en grupos (denomínanse tropas ou bandas). Unha banda pode ter ata 50 membros, aínda que ás veces unha banda consta de tan só dous membros. As tropas están dirixidas por un macho dominante, chamado costas prateada.
- Os machos miden entre 1,65 e 2 m de altura, e pesan entre 170 e 250 kg. As femias pesan arredor da metade do que os machos.
- Son principalmente herbívoros, alimentándose na súa maioría de herbas, ramas, froitas (as favoritas son dos xéneros Dialium, Tetrapleura e Landolphia), cortizas de árbore, bagas e brotes. Con todo, cando quedan sen alimentos poden chegar a comer pequenos insectos como formigas, termitas, caracois ou orugas. De media, os gorilas inxeren 18 quilos de vexetación ao día, aínda que algúns machos poden alcanzar incluso os 30 quilogramos.
- Case nunca beben auga directamente, xa que obteñen a maior parte do líquido do consumo de plantas.
- Constrúen niños; os gorilas novos adoitan facelos seus nas árbores, mentres que os maiores fanos no chan.
- Os seus brazos dos son máis longos que as súas pernas, permitíndolle camiñar sobre as catro extremidades mentres permanecen algo ergueitos.
- Non saben nadar.
- Son moi intelixentes, podendo utilizar ferramentas sinxelas e mesmo aprender a linguaxe de acenos.
- Están en perigo de extinción. Segundo WWF, a poboación total de gorilas de montaña supera os 1000 exemplares, aínda que están ameazados pola caza furtiva, a destrución dos bosques, o cambio climático...
FONTE: muyinteresante.es e gal.wikipwdia.org Imaxe: wikipedia.org
0 comentarios