Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO LIV

VERTICAIS: 2. Capital do Paraguai 3. Concello da provincia de lugo e que é o máis grande de Galicia con 438,4 km2 6. Cabo localizado no sur da península Ibérica, fronte ao mar Mediterráneo, pertencente ao municipio de Níjar, na provincia de Almería (Andalucía) 8. Peixe da familia dos espáridos, de corpo oval comprimido lateralmente, cor gris prateada con sete ou oito bandas escuras nos costados e unha negra contra a aleta caudal e con nome científico Diplodus sargus.

HORIZONTAIS: 1. País máis grande de África con 2.381.7412 km 4. Apelido do escritor mindoniense, autor da obra de 1951 Si o vello Sinbad volvese ás illas 5. Lago de orixe tectónico, situado na rexión sur de Siberia (Rusia), considerado a reserva de auga doce máis grande do mundo.7. Moeda de curso legal da rexión administrativa especial de Macao (república Popular China) 9. Afluente do río Miño pola banda esquerda, cunha lonxitude é de 84,5 quilómetros, o que o converte no río máis longo da provincia de Ourense 10. Siglas da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico, fundada en 1961 e con sede central en París.

0 comentarios