CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL XV
Continúo coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.
A contestación correcta á pregunta de onte é Falso. O físico alemán mereceu o recoñecemento da Academia Sueca en 1921 polo seu traballo sobre o efecto fotoeléctrico, un dos alicerces básicos da física cuántica. Aínda que pareza mentira, Einstein non gañou o Nobel por formular a súa famosa Teoría da Relatividade pois o científico a quen se lle encomendou a tarefa de evaluala non a entendeu, e temeron correr o risco de que despois se demostrara errónea. Nesa época aínda era considerada un tanto controvertida.
E imos coa pregunta de hoxe!
15. Quen foi @ galardoad@ con premio Nobel de menor idade?
- Lawrence Bragg
- Malala Yousazfai
- Leonid Huewicz
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org Imaxe: es.euronews.com
0 comentarios