CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL XVIII
Continúo coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.
A contestación correcta á pregunta de onte é Programa Mundial de Alimentos da ONU. A axencia da ONU merece o galardón da Paz "polos seus esforzos para combater a fame, pola súa contribución para mellorar as condicións de paz nas zonas afectadas por conflitos e por actuar como motor dos esforzos para previr o uso da fame como arma de guerra e conflito". As outras dúas organizacións citadas tamén recibiron este galardón nos anos 1917, 1944 e 1963 no caso do Comité Internacional da Cruz Vermella e 1990 no caso de Médicos Sen Fronteiras.
E imos coa pregunta de hoxe!
18. Os premios Nobel poden ser entregados a título póstumo?
- Si
- Non
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.es Imaxe: muyinteresante.es e gallegorey.files.wordpress.com
0 comentarios