CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL XIX
Continúo coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.
A contestación correcta á pregunta de onte é Non. Con todo, se alguén estaba vivo cando foi nomeado, pero morreu antes de que se lle entregase o premio, si poderá concederse a título póstumo.
E imos coa pregunta de hoxe!
19. Nesta relación de físcos hai un que non recibiu o premio Nobel de Física. Cal é?
- Niels Bohr
- Luis Walter Alvarez
- Peter Higgs
- Stephen Hawking
- Reinhard Genzel
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org
0 comentarios