Blogia
vgomez

CANTO SABES DE ARAQUEOLOXÍA? IX

Continúo coa serie Canto sabes de arqueoloxía?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre esta disciplina que estuda as sociedades antigas a partir dos seus restos materiais.

A contestación correcta á pregunta de onte é Pezas de cerámica rotas. A cerámica pode sobrevivir durante moito tempo na maioría das condicións porque non se descompón facilmente. É menos probable que se atopen obxectos feitos de coiro, madeira, óso e tea.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Lembras o nome do exiptólogo que descubriu a luxosa cámara funeraria do faraón  Tutankamón?

- Auguste Mariette

- Howard Carter

- Jean-Philippe Lauer

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org

0 comentarios