Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO LIX

VERTICAIS: 1. Río, que pasa por Valladolid, afluente  pola dereita do Douro 2. Presa de palla atada que se acende para alumar 3. Capital de Australia 4. Estado americano, situado na rexión noroeste de EE UU, que ten por capital Augusta e Portland como cidade máis poboada 5. Cabo da zona austral de Chile, tradicionalmente considerado como o punto máis meridional de América.

HORIZONTAIS: 3. Illas que constitúen un arquipélago español do mar Mediterráneo, situado fronte ás costas de Marrocos, das que dista 1,9 millas náuticas (3,52 quilómetros) 6. Concello coruñés onde se atopa  o santuario de Santo André de Teixido, coñecida popularmente como San Andrés de Lonxe, onde segundo o dito popular vai de morto quen non foi de vivo 7. Nome polo que foi coñecido o pintor lalinés José Otero Abeledo 8. Peixe mariño da subclase dos elasmobranquios, de corpo alongado de cor acastañada, coas aletas dorsal e caudal coma as das quenllas e o fociño arredondado, que vive tanto nas augas profundas coma nas superficiais e que ten por nome científico Galeorhinus galeus 9. Administrador de Infraestructuras Ferroviarias.

0 comentarios