CANTO SABES DE METEOROLOXÍA? XII
Continúo coa serie adicada á meteoroloxía, esa ciencia interdisciplinaria, da física da atmosfera, que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos producidos e as leis que o rexen.
A contestación correcta á pregunta de onte é A latitude é a distancia que existe entre un punto calquera da superficie terrestre e o ecuador. A lonxitude é a distancia que existe entre un punto calquera da superficie terrestre e o Meridiano de Greenwich. A latitude proporciona a localización dun lugar, en dirección Norte ou Sur desde o ecuador e exprésase en medidas angulares que varían desde os 0º do Ecuador ata os 90º N (+90º) do polo norte ou os 90º S (-90º) do polo sur. A lonxitude proporciona a localización dun lugar, en dirección Leste ou Oeste desde o meridiano de referencia 0º, ou meridiano de Greenwich, expresándose en medidas angulares comprendidas desde os 0º ata 180º E (+180º) e 180º W (-180º).
E imos coa pregunta de hoxe!
12. Os fenómenos meteorolóxicos tal e como os coñecemos prodúcense na capa atmosférica chamada...
- Estratosfera.
- Exosfera.
- Termosfera ou ionosfera,
- Troposfera.
- Mesosfera.
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal Esther Garín/rtve.es e wikipedia.org Imaxe: lifeder.com
0 comentarios