CANTO SABES DE METEOROLOXÍA? XIV
Continúo coa serie adicada á meteoroloxía, esa ciencia interdisciplinaria, da física da atmosfera, que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos producidos e as leis que o rexen.
A contestación correcta á pregunta de onte é Un fenómeno meteorolóxico que se forma cando unha masa de aire quente choca contra unha masa de aire frío. A masa de aire quente desprázase ata atoparse cunha masa de aire frío, o aire quente ascende pola fronte posto que é menos denso có aire frío. Tras unha fronte cálida o aire queda máis quente e húmido co que había antes da fronte. Orixinan chuvias máis suaves pero extensas e inenterrompidas, chegando incluso a nevar, podendo durar dende unhas horas ata varios días. Os primeiros indicios da chegada dunha fronte cálida son a formación de cirros, seguidos de cirroestratos, altoestratos, cúmulonimbos e estratocúmulos.
E imos coa pregunta de hoxe!
14. A gota fría, tamén chamada depresión illada en niveis altos (DINA) é…
- Un fenómeno meteorolóxico moi fácil de predicir, consistente en fortes choivas, moi frecuentes no mar Cantábrico, sobre todo nos meses de agosto e setembro.
- Un fenómeno meteorolóxico, difícil de predecir, que consiste en chuvascos e tormentas de extraordinaria violencia, aínda que de pouca duración e que afectan normalmente a unha zona pouco extensas. Son frecuentes nas zonas costeiras do mar Mediterráneo, sobre todo entre os meses de setembro e outubro.
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal Esther Garín/rtve.es e wikipedia.org Imaxe: elespanol.com
0 comentarios