CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? VI
Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.
A resposta correcta á pregunta de onte é Roleiro. Tamén chamado Gaio azul (Coracias garrulus) é a única especie de paxaros da familia dos Coraciidae que habita en Europa. É unha especie migratoria de longa distancia, hibernando no sur de África. Adoita habitar en lugares de clima tépedo ou cálido coa presenza de árbores. É un paxaro mediano dun tamaño entre 29–32 cm de media e unha envergadura de 52–58 cm coas ás estendidas. A súa cor é azul co lombo marrón. Frecuentan zonas arboradas e chairas abertas, onde se alimentan principalmente de insectos, aínda que en ocasións complementan a súa dieta con lagartos e ras. En Galiza é rara, e aparentemente vese nos pasos prenupciais en maio e máis intensamente no posnupcial de agosto-setembro.
E imos coa pregunta de hoxe!
6. Que tipo de ovellas son?
- Merina
- Churra
- Manchega
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org
0 comentarios