CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? VIII
Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.
A resposta correcta á pregunta de onte é Pita do monte. Tetrao urogallus, é unha especie de ave da orde das galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, pertencente ao seu xénero tipo Tetrao. En Galiza deuse por extinguida a poboación dos Ancares, a poboación máis occidental da especie, xa que os últimos cantadeiros ocupados observáronse en 2005, pero aínda se atopa esporadicamente debido ao movemento de exemplares de poboacións limítrofes, polo que figura no Catálogo galego de especies ameazadas. A pita do monte ten un tamaño máximo de 1,1 m nos machos e 0,7 m nas femias. Caracterízase por ter unhas plumas debaixo do pico en forma de barba, unha cola en forma de abano e uns tubérculos vermellos sobre os ollos. A cor da plumaxe é unha característica diferencial entre os sexos. Os machos teñen a plumaxe negra, con zonas azuis ou verde metálico no peito, coas ás acastañadas cunha mancha branca no vértice e manchiñas brancas no ventre e no rabo. As femias teñen o dorso e as ás de cor acastañada con abundantes pencas brancas, o rabo e o peito arrubiados, e o ventre branco con manchas pardas. Ademais diferencia a ambos os sexos o tamaño do peteiro, que é prominente, de xeito curvo e de cor marfil nos machos e breve e de cor negra nas femias. A pita do monte tarda en pórse a voar e o seu voo é torpe.
E imos coa pregunta de hoxe!
8. Onde podemos atopar iste lagarto xigante?
- No Cabo de Gata
- En Melilla
- Na Illa do Hierro
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org
0 comentarios