CANTO SABES SOBRE BOTANICA? IV
Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.
A resposta á pregunta do día anterior é Fotosíntese. Aínda que as plantas realizan como os animais a respiración en ausencia de luz, efectivamente, o principal mecanismo polo que obteñen a súa enerxía é a chamada fotosíntese. Mediante iste proceso transforman materia inorgánica (auga, CO2 e os nutrientes que obteñen do chan) en materia orgánica, asimilable polo resto de seres vivos. Esta transformación de enerxía lumínica en enerxía química foi fundamental para o establecemento da vida na Terra como hoxe a coñecemos.
E imos coa pregunta de hoxe!
4. Para realizar a fotosíntese as plantas necesitan dun pigmento que é, ademais, o que lle outorga a cor verde. Sabes a que substancia referímonos?
- Xilitol
- Clorofila
- Fotosintetol
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es Imaxe: my.oceandrop.com.br
0 comentarios