ENCRUCILLADO LXV
VERTICAIS: 1. Río londinense que nace no condado de Gloucestershire e desemboca no mar do Norte 3. Capital e maior cidade de Eslovenia 4. Río que pasa por Madrid, afluente pola dereita do río Jarama 9. Peixe da familia dos espáridos, de corpo ovado, alto e comprimido, cor rosada cos costados prateados, ventre abrancazado e de nome científico Pagrus pagrus.
HORIZONTAIS: 2. Arte de pesca de fondo, de forma rectangular e composta por un só pano, que pode alcanzar unha extensión considerable 5. Montaña insular máis alta do mundo e o pico máis alto de Oceanía 6. Grupo musical galego de folk, creado no ano 1979, considerado como o máis internacional dos grupos galegos e un dos máis importantes investigadores de novas sonoridades para o folk galego 7. Illa situada na costa murciana, coñecida simplemente como La Isla ou La Islica 8. Illa situada na punta nordeste do concello de Ribadeo, cunta extensión de 1,1 hectáreas 10. Cidade portuguesa da rexión norte, cun centro histórico declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 2001 e un castelo medieval, construído no século IX, declarado unha das Sete Marabillas de Portugal no año 2007.
0 comentarios