CANTO SABES SOBRE BOTÁNICA? VIII
Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.
A resposta á pregunta do día anterior é De día e de noite. A respiración vexetal é o proceso de respiración aeróbica que ten lugar nunha planta. Tradúcese en consumir O2 e expulsar CO2, o contrario á fotosíntese. Mentres a parte central da fotosíntese prodúcese nos cloroplastos, a parte central da respiración está nas mitocondrias, proporcionándolle a enerxía aproveitable.
E imos coa pregunta de hoxe!
8. O órgano reprodutor masculino da flor chámase ...
- Espermatozoide
- Estame
- Pistilo
- Arame
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e wikipedia.org Imaxe: oleoyebel.es
0 comentarios