Blogia
vgomez

CANTO SABES DOBRE BOTÁNICA? XV

Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.

A resposta á pregunta do día anterior é Quercus robur. O carballo é unha árbore anxiosperma da familia das fagáceas, caducifolia, que pode chegar aos 15-20 metros de altura. Esténdese por zonas de clima atlántico en calquera tipo de terreo, tanto en chairas como en ladeiras rochosas, desde o nivel do mar ata os 1.000 metros de altitude. É unha árbore robusta, que pode vivir varios séculos e acadar os 40 metros de altura con pólas que comezan xa desde a parte inferior. Cando a formación é monoespecífica, só de carballos, o bosque é denoninado carballeira. Se se mesturan outras especies de clima atlántico chamámolo fraga. Foi a especie máis abundante e dominante na Europa atlántica e segue a ser predominante no interior de Galicia.

E imos coa pregunta de hoxe!

15. Sabes con que nome se coñece á árbore viva máis vello do mundo?

- Matusalén

- Adán

- O vello piñeiro do Ancient Bristlecone Pine Forest, en White Mountains

Mañá a soulción e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e wikipedia.org         Imaxe: nationalgeographic.com.es e wikipedia.org

0 comentarios