CANTO SABES DE XEOLOXÍA? XIX
Continúo coa serie Canto sabes de xeoloxía? A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta.
A contestación correcta á pregunta de onte é Pirita. Iste mineral pertence ao grupo dos sulfuros cuxa fórmula química é FeS2. Componse dun 53,48 % de xofre e un 46,52 % de ferro. Atópase frecuentemente maciza, granulada, radiada, estalactítica e globular. Non é raro atopala na súa forma cristalina co seu típico aspecto cúbico (coas caras ás veces estriadas perpendicularmente) ou tamén en octaedros ou piritoedros (poliedros de 12, 16, 18 ou 20 caras) e a miúdo maclada. Tamén é coñecida como o "ouro dos parvos", o "ouro dos tolos" ou o "ouro dos pobres" polo seu gran parecido co ouro.
E imos coa pregunta de hoxe!
19. Que son as fallas?
- A deformación das rochas
- A erosión das rochas
- Fracturas con desprazamento
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e wikipedia.org Imaxe: goconqr.com
0 comentarios