Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE BOTÁNICA? XVIII

Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.

A resposta á pregunta do día anterior é Rafflesia arnoldii. O seu nome débese aos seus descubridores para a ciencia Thomas Stamford Raffles e Joseph Arnold. É unha planta parasita do xénero Rafflesia, que se atopa nos bosques húmidos de Indonesia e nas selvas do sueste asiático, e desenvolve a flor máis grande do mundo que pode chegar a medir un metro de diámetro e pesar ata 11 quilogramos.

E imos coa pregunta de hoxe!

18. Sabes que planta provocou no século XVII unha burbulla económica nos Países Baixos?

- Marihuana

- Xeranios

- Tulipáns

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e wikipedia.org         Imaxe: nationalgeographic.com.es

0 comentarios