PREMIO FRONTEIRAS DO COÑECEMENTO XIII EDICIÓN EN BIOLOXÍA E MIOMEDICINA
David Julius e Ardem Patapoutian gañadores do Premio Fronteiras do Coñecemento na categoría Bioloxía e Biomedicina / Fundación BBVA
David Julius (Nueva York,1955) , científico da Universidade de California en San Francisco, e Ardem Patapoutian (Líbano, 1967), do Instituto Scripps, na Jolla, Estados Unidos, recibiron na décimo terceira edición do Premio Fronteiras do Coñecemento na categoría de Bioloxía e Biomedicina por “identificar os receptores que nos permiten percibir a temperatura, a dor e a presión”, segundo sinala a acta do xurado.
Os achados dos dous investigadores axudan a comprender a complexidade do tacto, quizais o menos estudado dos cinco sentidos humanos. “Julius e Patapoutian”, di o xurado, “desvelaron as bases moleculares e neuronais para as sensacións térmicas e mecánicas do corpo humano”. O traballo dos dous premiados abre, ademais, novas posibilidades para o desenvolvemento de terapias e tratamentos que reduzan a dor aguda e crónica xerado por traumas e outras enfermidades, por exemplo a dor asociada a procesos inflamatorios como a artrite.
FONTE: Juan M. Hernández Bonilla/elpais.com/ciencia
0 comentarios