CANTO SABRES SOBRE BOTÁNICA? XIX
Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.
A resposta á pregunta do día anterior é Tulipáns. A coñecida como a crise dos tulipáns foi, de feito, a primeira gran burbulla económica da historia moderna. A gran prosperidade económica dos Países Baixos, xunto co gusto polas flores, especialmente as exóticas, que se converteron en obxecto de ostentación e símbolo de riqueza, fixeron que os tulipáns convertésense nunha das posesións máis apreciadas. En 1623 un só bulbo de tulipán podíase vender facilmente por 1.000 floríns, mentres que o soldo medio anual dun holandés era de 150 floríns.
E imos coa pregunta de hoxe!
19. A botánica é unha rama da bioloxía que estuda as plantas, pero tamén outros organismos emparentados, que non son plantas, entre eles os fungos (dos cales adoitamos coñecer a parte visible, os cogomelos). Por certo, como se chama a rama que os estuda?
- Histoloxía
- Micoloxía
- Brioloxía
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e wikipedia.org Imaxe: lacasadelassetas.com
0 comentarios