Blogia
vgomez

OS FÓSILES MÁIS DESTACADOS DO MUNDO VI

A procura da verdade a través dunha lente científica está a permitirnos reconstruír a historia das orixes humanas a partir dos fósiles dos nosos antepasados. Afortunadamente, grazas aos fósiles, a evidencia sólida detrás da nosa imaxe da vida na Terra, temos unha boa fonte de información sobre a vida prehistórica no noso planeta.

Por raros e impresionantes que poidan ser, non todos os fósiles son igualmente famosos, ou tiveron o mesmo efecto profundo na paleontoloxía e na nosa comprensión da vida durante estes tempos remotos.

Continúo coa serie os fósiles máis destacados do mundo. Hoxe tócalle a...

6. Halszkaraptor



Chegamos ao dinosauro que parece un pato. 2017 foi un gran ano para os paleontólogos; un dos que destacou é o fósil dun dinosauro terópodo, estudado de forma non invasiva con escaneo 3D de alta tecnoloxía, que mostrou sorprendentes características similares ás das aves. 

A teoría de que as aves descenden dos dinosauros agora é comunmente aceptada entre os paleontólogos de vertebrados. Con todo, ninguén podería predicir Halszkaraptor escuilliei, unha nova especie de dinosauro terópodo non aviario de Mongolia descrita en 2017 e publicada na revista Nature. O seu longo pescozo, que constitúe o 50% da lonxitude total de fuciño a cola e o máis longo para calquera dinosauro terópodo mesozoico, é unha reminiscencia que podemos observar nalgunhas aves, como os cisnes. A morfoloxía do Halszkaraptor suxería un estilo de vida  semi-acuático e parece ser o primeiro dinosauro non aviario que puido moverse tanto en terra como na auga. Viviu hai 71 e 75 millóns de anos.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es 

0 comentarios