CANTO SABES DE XEOLOXÍA? IV
Continúo coa serie Canto sabes de xeoloxía? A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta.
A contestación correcta á pregunta de onte é É o lugar que presenta coordenadas cero graos por cero graos. O cabo de Tres Puntos é unha pequena península localizada fronte ao océano Atlántico na rexión Occidental de Ghana, en África Occidental. Toma o seu nome do feito de que dúas rochas do cabo proxéctanse cara ao mar en ambos os lados do pico principal, formando así tres puntos. Iste cabo coñécese como a terra máis próxima a ningunha parte, porque é a terra máis próxima a unha localización no mar que está a 0º de latitude, 0º de lonxitude e 0 de altura (a distancia é dun 570 km).
E imos coa pregunta de hoxe!
4. Como se denomina un val profundo e estreito que foi tallado pola erosión?
- Canón
- Cantil
- Meandro
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e wikipedia.org Imaxe: gl.wikipedia.org
0 comentarios