Blogia
vgomez

CANTO SABES DE XEOLOXÍA? VIII

Continúo coa serie Canto sabes de xeoloxía? A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é CirconitaOs diamantes realmente non son para sempre. Se o que queremos é unha xema que dure para sempre, debemos fixarnos nas circonitas. As circonitas (óxido de zirconio ZrO2) son xemas incriblemente resistentes que poden sufrir múltiples ciclos oroxénicos e manter a súa estrutura cristalina. Son ideais para datar rochas moi antigas.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Que son as chemineas de fadas?

- Unha formación feita de rocha branca cuxa orixe é sedimentaria

- Unha dos cumes máis famosos dos Picos de Europa

- Unha formación que pode adoptar unha forma temporal ou permanente dependendo da súa natureza

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e wikipedia.org     Imaxe: wikipedia.org

0 comentarios