Blogia
vgomez

CANTO SABES DE XEOLOXÍA? XIII

Continúo coa serie Canto sabes de xeoloxía? A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é Escala de Richter. Esta escala  sismológica, tamén coñecida como escala de magnitude local (ML), é unha escala  logarítmica arbitraria que asigna un número para cuantificar a enerxía que libera un terremoto, denominada así en honra do sismólogo estadounidense Charles Francis Richter (1900-1985). As outras dúas escalas propostas na pregunta miden a intensidade.


E imos coa pregunta de hoxe!

13. Cal é o nome que os científicos lle dan a unha masa de terra única na Terra de hai 300 millóns de anos?

- Atlantis

- Panxea

- Super-Arctica

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, wikipedia.org e play.howstuffworks.com      Imaxe: wikipedia.org

0 comentarios