CANTO SABES DE XEOLOXÍA? XVII
Continúo coa serie Canto sabes de xeoloxía? A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta.
A contestación correcta á pregunta de onte é Verdadeiro. O carbón ou carbón mineral é unha rocha sedimentaria orgánica de cor negra, rica en carbono e con outros elementos, principalmente hidróxeno, xofre, osíxeno e nitróxeno. Principalmente é utilizada como combustible fósil.
E imos coa pregunta de hoxe!
17. Chámase piroclasto ou tefra a calquera fragmento sólido de material volcánico expulsado a través da columna eruptiva lanzado ao aire durante unha erupción volcánica. Pero que tamaño ten os lapilli?
- Menos de 2 mm de diámetro
- Entre 2 e 64 mm de diámetro
- Máis de 64 mm de diámetro
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e wikipedia.org Imaxe: cnnespanol.cnn.com
0 comentarios