Blogia
vgomez

CANTO SABES DE ANATOMÍA? VII

Continúo coa serie adicada a anatomía, esta rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.

A contestación correcta á pregunta de onte é A primeira porción do intestino delgadoÉ a parte do intestino delgado que conecta o estómago co xexuno. Está situado na parte posterior e superior​ do abdome, no retroperitoneo, sendo a única porción do intestino delgado que se atopa fixo, e está formado totalmente por músculo liso. Comeza no píloro á altura de L1 (límite proximal), a abertura da parte inferior do estómago pola que baleira o seu contido no intestino. Termina na flexura duodenoxexunal á altura de L2 (límite distal), que o separa do xexuno.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Como se chama o fuído claro e húmido que está situdo destras da córnea?

- Humor vítero

- Humor acuoso

- Humor cristalino

- Humor ocular

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal alfalr.com e gal.wikipedia.org

0 comentarios