Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO LXXIII

VERTICAIS: 1. Composición en verso á que se lle pon música para ser cantada 3. Composición en prosa ou en verso en que se segue o modelo dunha carta 5. Verso ou composición poética en que as palabras forman un debuxo relacionado co contido do poema 7. Recurso de expresión que consiste na repetición dunha ou máis palabras ao principio de dous ou máis versos dun poema, ou ao comezo de dúas ou máis oracións dun texto en prosa 8. Estrofa de catro versos hendecasílabos.

HORIZONTAIS: 2. Relato breve de ficción, en verso ou en prosa, xeralmente con animais como personaxes, do que se tira unha ensinanza moral 3. Cada unha das divisións dun poema, formadas por un número establecido de versos, cunha disposición determinada de metros e de rimas 4. Composición poética, na que as letras iniciais, mediais ou finais dos versos forman, lidas verticalmente, unha palabra ou frase. 6. Poema lírico de ton melancólico e triste 9. Composición poética de orixe provenzal que se presenta xeralmente en forma de diálogo amoroso entre un cabaleiro e unha pastora.

0 comentarios