CANTO SABES DE ANATOMÍA? IX
Continúo coa serie adicada a anatomía, esta rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.
A contestación correcta á pregunta de onte é Glúteo maior. É un músculo do membro inferior, Sitúase na rexión posterior da pelve. As súas fibras dispóñense de maneira descendente. Consta de dous planos, un superficial e outro profundo. Ten unha forma grosa e ancha, romboidal. Achega a parte principal da masa visible no traseiro e o seu tamaño é clave na función de extensión e rotación lateral da cadeira, así como de como manter a postura do corpo.
E imos coa pregunta de hoxe!
9. Cantos ósos ten o corpo dun humano adulto?
- 114
- 206
- 212
- 300
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal alfalr.com e gal.wikipedia.org
0 comentarios