CANTO SABES DE POLONIA? XIV (FIN)
Remato caoa serie adicada a Polonia, un país do centro de Europa e membro da Unión Europea, sendo o gran descoñecido de Europa.
A contestación á pregunta de onte, e última da serie, é Aguia de cola branca. En galego Pigargo, en polaco Orzeł Biały, nome científico Haliaeetus albicilla, e o símbolo de Polonia.
É unha aguia de gran tamaño cun enorme peteiro amarelo. A plumaxe é escura, agás a cola e a cabeza que van branquexando conforme ó envellecemento do individuo. A femia é lixeiramente meirande có macho.
Segundo a lenda, a Aguia Branca orixinouse cando Lech, o fundador mítico de Polonia, viu un niño de aguia branca e, considerándoo un bo augurio, fundou a cidade de Gniezno (gniazdo significa niño). No intre no que a aguia despregou as súas ás e elevouse cara ao ceo, un raio do sol vermello do poñente caeu nas súas ás, de xeto que pareceron douradas; polo demais era enteiramente branca. Esta idea e a que aparece no escudo de Polonia.
E así remato esta serie, esperando que Polonia xa non sexa un país tan descoñecido para vós.
Ata a próxima serie!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: chido-fajny.com e es.wikipedia.org
0 comentarios