Blogia
vgomez

CANTO SABES DE ANATOMÍA? XXII

Continúo coa serie adicada a anatomía, esta rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.

A contestación correcta á pregunta de onte é Apéndice. É unha asa intestinal, comunicada co cego (o inicio do intestino groso), que non ten continuidade nun dos seus extremos. O seu aspecto de tubo móbil pequeno e estreito lembra a un verme en movemento, por iso denomínaselle apéndice vermiforme. 

E imos coa pregunta de hoxe!

22. En cada un dos nosos riles hai de 800.000 a 1,5 millóns de unidades de filtración chamadas...

- Neuronas

- Nefróns

- Uréteres

Mañá a solución e última pregunta!

FONTE: Idea orixinal alfalr.com e gl.wikipedia.org         Imaxe: aarp.org

0 comentarios