Blogia
vgomez

CANTO SABES DE LITUANIA? VIII

Continúo coa serie adicada a Lituania, a maior e máis poboada das tres repúblicas bálticas, situada no nordés de Europa cun rico patrimonio histórico, paisaxes cubertas por densos bosques e costas no mar Báltico.

A contestación correcta á pregunta de onte é NemanTamén coñecido como Nemunas ou Niemen, é o río máis grande e principal de Lituania. Ten unha lonxitude de 937 km, dos que 109 km son fronteira ruso-lituana e 17 km fronteira lituano-belarusa. Drena unha conca de 98.200 km², dos que 34.610 km² están en Belarús, 46.695 km² en Lituania e 16.895 km² en Rusia.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Cal é o lago máis grande de Lituania?

- Lago Galvė

Lago Drūkšia

- Lago Vištytis

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org 

0 comentarios