Blogia
vgomez

CANTO SABES DE METEOROLOXÍA? III

 

Continúo coa serie adicada á meteoroloxía,  esa ciencia interdisciplinaria, da física da atmosfera, que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos producidos e as leis que o rexen.

A contestación correcta á pregunta de onte é Liñas que unen puntos que teñen a mesma presión atmosférica. As  isobaras dun mapa meteorolóxico serven para dar información acerca da forza do vento e a dirección dIste nunha zona determinada. Adóitanse medir en intervalos de 4 milibares, considerando que 1013 milibares ou  hectopascais representan unha presión normal, mentres que presións maiores ou menores dinse altas ou baixas.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Didícil estar, tal como se ve na fotografía, nas praias de Cádiz. A que é debido?

- O vento de poñente, que leva as borrascas atlánticas cara a península. Na paria nótase especialmente.

- O vento de levante que sopra tan forte no estreito de Xibraltar pola súa forma de funil.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal Esther Garín/rtve.es e wikipedia.org        Imaxe: telecinco.es/eltiempohoy

0 comentarios