DESCOBREN UN FRAGMENTO DO OCÉANO PACÍFICO DEBAIXO DA CHINA
Vista lateral da antiga codia oceánica, en azul, mergullada no manto por mor dun proceso de subducción / F. Niu/Rice University
Científicos identificaron unha antiga porción do océano Pacífico baixo o territorio de China. Trátase dun fragmento de centos de quilómetros de longo de codia oceánica, que no pasado foi o leito mariño do Pacífico, e que hoxe en día estase mergullando no manto, a capa situada baixo a codia terrestre.
Mentres que no algunhas rexións do planeta, como nas dorsais, as fisuras volcánicas crean nova codia oceánica, noutras rexións o antigo leito mergúllase no manto, nas coñecidas como zonas de subducción, onde unha placa deslízase traballosa e lentamente baixo outra placa tectónica.
Un estudo publicado esta semana en Nature Geoscience permitiu presenciar este proceso de subducción a unhas profundidades de entre 400 e 600 quilómetros, cando ata o de agora rexistrouse este tipo de fenómeno a 200 quilómetros de profundidade, como máximo.
Investigadores da Academia de Ciencias de China e da Universidade de Rice, Estados Unidos, empregaron os datos recollidos por 300 estacións sísmicas distribuídas por China, e puideron así rexistrar partes da placa tectónica do Pacífico que estaban cubertas polas augas que hoxe en día están baixo China, na zona de transición do manto da Terra, a rexión que separa o manto inferior e o superior.
En concreto, puideron observar unha gran "laxe" inclinada uns 25º, penetrando nas profundidades. Mentres que en China esta laxe está a centos de quilómetros de profundidade, en Xapón está a só 100 quilómetros.
Esta observacións foron posibles grazas a dúas anomalías sísmicas, unhas descontinuidades nos datos que prodúcense porque a velocidade das ondas sísmicas experimenta un cambio ao atravesar distintos materiais.
Grazas a estes resultados, os científicos teñen un pouco máis claro que ocorre cun antigo leito mariño cando se introduce no interior da Terra e chega á zona de transición, entre o manto inferior e o superior.
De feito, puideron estimar canto se deforma esta laxe ou canto contido de auga perde. Por agora, hai evidencias que apuntan a que parte da auga consérvase na placa e que chega a profundidades moi superiores.
FONTE: abc.es/ciencia
0 comentarios