CANTO SABES SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR? IV
Continúo coa seria adicada á enerxía nuclear, xerada nun proceso físico do interior dos átomos e das partículas máis pequenas que os forman: os protóns e os electróns, e na que se depositan as esperanzas nesta fonte de enerxía como apoio para deixar atrás aos perigosos combustibles fósiles, para abrir camiño a unha transición enerxética da man das coñecidas como enerxías renovables (eólica, solar...); pero que debido á súa mala fama herdada dos horrores das armas nucleares, e dalgúns accidentes de centrais nucleares primitivas (que pouco teñen que ver coas actuais), a información que rodea á enerxía nuclear continúa infestada de medos e mitos.
Á resposta á pregunta de onte é No interior das estrelas, como o noso Sol. Esta reacción, a fusión nuclear, é a que ocorre no noso Sol, que fusiona átomos de hidróxeno de maneira ininterrompida para producir helio; a enerxía desencadeada no proceso é o que na Terra chéganos en forma de luz e calor.
E imos coa pregunta de hoxe!
4. Aínda non se logrou un proceso eficiente de fusión nuclear no planeta Terra.
- Verdadeiro
- Falso
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia
0 comentarios