Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR? V

Continúo coa seria adicada á enerxía nuclear, xerada nun proceso físico do interior dos átomos e das partículas máis pequenas que os forman: os protóns e os electróns, e na que se depositan as esperanzas nesta fonte de enerxía como apoio para deixar atrás aos perigosos combustibles fósiles, para abrir camiño a unha transición enerxética da man das coñecidas como enerxías renovables (eólica, solar...); pero que debido á súa mala fama herdada dos horrores das armas nucleares, e dalgúns accidentes de centrais nucleares primitivas (que pouco teñen que ver coas actuais), a información que rodea á enerxía nuclear continúa infestada de medos e mitos.

Á resposta á pregunta de onte é Verdadeiro. Agora mesmo hai na Terra dous proxectos de investigación destinados a conseguir usos comerciais da fusión. O ITER, en Europa; e o NIF, en Estados Unidos, con avances prometedores. Os científicos están convencidos de que lograrán obter un proceso de fusión eficiente para o ano 2035, e que lograrán poñer en funcionamento a primeira central nuclear de fusión con usos comerciais para o ano 2050.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cal é a ecuación que relaciona enerxía, materia e velocidade da luz?

- E=mc2

- V-E+F=2

- A2+B2=C2   

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

0 comentarios