Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO LXXVI

VERTICAIS: 1. Arbusto dioico da familia das cupresáceas, de follas en agulla e froitos en piñas con forma de bagas, primeiro de cor verdosa e negras azuladas ao madureceren e con nome científico Juniperus communis 3. Desfacer ou comprimir moito unha cousa, dándolle golpes ou facendo presión sobre ela 4. Montaña máis alta de América do Norte, tamén coñecida como Denali, cunha altitude de 6190 m, situada na cordilleira de Alaska, no centro-sur do estado de Alaska (Estados Unidos) 5. Capital e cidade máis poboada de Noruega 6. Peixe da familia dos salmónidos de ata oitenta centímetros e cor prateada ou castaña con pintas negras, que nace nos ríos de augas claras e frescas, onde vive os primeiros anos, logo baixa ao mar e torna ao río onde naceu para desovar, con nome científico Salmo trutta trutta 9. Río da Rusia asiática ou Siberia que nace no krai de Altái e flúe en direccións NON e N ata desaguar no golfo homónimo (mar de Kara, océano Ártico), cunha lonxitude de 3650 km, pero se se considera o sistema Obi-Irtish, alcanza o 5410 km, que o sitúan como o sétimo río máis longo do mundo, por detrás do Amazonas, Nilo, Yangtsé, o  Misisipi- Misuri, o Yeniséi-Angará e o río Amarelo.

HORIZONTAIS: 2. Capital do estado estadounidense de Washington 7. Libro de Antón Reixa, constructo híbrido, mestura de poesía, fotografía e ensaio antropolóxico do ano 2020 8. Gomo do craveiro que ten a forma dun cravo e que se usa como especia 10. Municipio pontevedrés, capital da comarca do Deza.

0 comentarios