Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR? XIX

Continúo coa seria adicada á enerxía nuclear, xerada nun proceso físico do interior dos átomos e das partículas máis pequenas que os forman: os protóns e os electróns, e na que se depositan as esperanzas nesta fonte de enerxía como apoio para deixar atrás aos perigosos combustibles fósiles, para abrir camiño a unha transición enerxética da man das coñecidas como enerxías renovables (eólica, solar...); pero que debido á súa mala fama herdada dos horrores das armas nucleares, e dalgúns accidentes de centrais nucleares primitivas (que pouco teñen que ver coas actuais), a información que rodea á enerxía nuclear continúa infestada de medos e mitos.

Á resposta á pregunta de onte é Entre un 10 e un 20 %. Aproximadamente un 10% da enerxía que utiliza o ser humano para levar a cabo as súas actividades provén da fisión nuclear.

E imos coa pregunta de hoxe!

19. Necesitamos contar coa enerxía nuclear para deixar atrás aos combustibles fósiles?

- Si

- Non

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

0 comentarios