Blogia
vgomez

UN LIBRO PARA OS PEREGRINOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO

UN LIBRO PARA OS PEREGRINOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO

Niste Ano Xacobeo, chega as librarías a novela, en castelán, Santiago en el fin del mundo, de Jesús Bastante Liébana (Madrid, 1976).

"O mellor Santiago é o Santiago inventado, por iso agradécese que Jesús Bastante nos regale esta entretida novela e deixe claro que o camiño é produto da súa imaxinación e que os feitos non son feitos; son ficción".

Del desmentido histórico de Nieves Concostrina

Hispania, século I. Tres estranxeiros camiñan, sen rumbo coñecido, pola península. Un deles, quen os dirixe, non é outro que Santiago, o fillo do Zebedeo, irmán de Xoán e discípulo de Xesús.

Jesús Bastante recreou a vida e milagres do Apóstolo durante a súa estancia en Hispania; tamén a de quen os guía e a dos seus perseguidores. Bruxas, magos, mercenarios, asasinos… ata a Virxe María. Por primeira vez novélase a vida do home cuxa tumba, en Compostela, configurou a maior peregrinación da historia da humanidade.

Un libro para o camiño!

0 comentarios