¡BUEN CAMINO!
Mapa interactivo do proxecto ’Buen Camino’ de Google / Google Arts & Culture
Atravesar a porta santa de Santiago tras percorrer centos ou miles de quilómetros sen perderse detalle dos monumentos máis emblemáticos das súas distintas rutas xacobeas, escoitar a súa banda sonora, gozar das súas paisaxes e incluso coñecer as experiencias doutros peregrinos é posible sen ter que calzarse as botas e tomar a mochila. O proxecto dixital ¡BUEN CAMINO!, xa está dispoñible a través da plataforma Google Arts & Company, ofrece un percorrido virtual polas diferentes rutas a través de 108 exposicións en liña, máis de 4.750 fotografías e vídeos, quince visitas virtuais de 360 graoss e un vídeo que invita a experimentar de xeito sensorial a aventura de peregrinar. Trátase dunha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia e Google Arts & Culture en colaboración co Goberno de Aragón, a Fundación Catedral de Santiago e a Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño.
Este proxecto que permite percorrer dixitalmente o Camiño de Santiago está dispoñible en once idiomas: galego, castelán, inglés, italiano, francés, alemán, portugués, coreano, chinés, xaponés e ruso. Os seus contidos están articulados en catro capítulos: natureza, para aqueles que queiran explorar a beleza paisaxística; cultura, co patrimonio como principal referente; comunidade, que permite coñecer a música, os sabores, así como experiencias de peregrinos; e, para rematar, unha pequena guía para penetrarse nas rutas xacobeas. Ademais, figuran percorridos pola decena de rutas oficiais ao seu paso por Galicia.
No portal destacan especialmente as visitas virtuais de 360 graos, que non só permiten coñecer co máximo detalle a catedral de Santiago, onde se poden percorrer varios dos seus espazos, senón tamén a Torre de Hércules, as pallozas do Cebreiro, a igrexa de Iria Flavia, a muralla de Lugo e o mosteiro de Sobrado dos Monxes, entre outros. Pola súa banda, entre as exposicións virtuais está un mapa ilustrado dos Camiños de Santiago en Europa con múltiples curiosidades e outra titulada «Dez cosas que non sabías do Camiño de Santiago», respondendo a preguntas como o papel que xoga Francis Drake na historia xacobea ou a razón pola que o coreanos peregrinan.
Interésache? Pois preme AQUÍ.
Unha boa ferramenta!
FONTE: Montse García/lavozdegalicia.es
0 comentarios