Blogia
vgomez

CURIOSIDADES DESCOÑECIDAS DE MARTE (XIII)

Continúo coa serie CURIOSIDADES DESCOÑECIDAS DE MARTE, o segundo planeta máis pequeno do sistema solar, despois de Mercurio, e similar á Terra en moitos aspectos, como que posúe nubes, ventos e un día de aproximadamente 24 horas (ao redor dun 3% máis longo que o día solar na Terra).

Imos coa duodécima curiosidade!

12. A exploración de Marte

A primeira sonda enviada a Marte foi lanzada pola Unión Soviética en 1960, pero o foguete nin sequera alcanzou a órbita terrestre.

A primeira sonda que tocou chan marciano foi a Mars 3, en decembro de 1971, con todo, só puido transmitir datos durante 20 segundos antes de que deixase de funcionar.

Até agora, había oito sondas operativas no planeta: seis orbitadores e dous rovers (o MER Opportunity e o Mars Curiosity). O Opportunity é o rover que percorreu a maior distancia nun corpo extraterrestre: case 45 km desde que aterrou en Marte en xaneiro de 2004. Estaba deseñado para durar 92 días terrestres, pero xa leva máis de 14 anos facendo descubrimentos científicos.

Unha novena sonda, InSight, aterrou no planeta en novembro de 2018. 

Neste 2021, a misión da CNSA Tianwen-1 alcanzou con éxito a órbita marciana tras unha manobra automática de desaceleración que durou uns 15 minutos, o que converteu a China na sexta nación en alcanzar o planeta vermello. A misión componse dun orbitador e un rover.

FONTE: Idea orixinal Sarah Romero/muyinteresante.es/ciencia e es.wikipedia.org  Imaxe: NASA/JPL/MSSS; processings and mosaic: Olivier de Goursac (fr), 2014

0 comentarios