CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? III
Continúo coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.
A contestación correcta á pregunta de onte é O Texo. Nace na Fuente de García, na Serra de Albarracín, que pertence aos Montes Universales (Teruel) e desemboca no Océano Atlántico xunto a Lisboa, formando un esteiro coñecido como o Mar da Palla.
Percorre unha lonxitude de 1.007 km, 816 deles por territorio español. Logo de formar fronteira entre España e Portugal ao longo de 47 km, entra neste último país. Aquí percorre 145 km
E imos coa pregunta de hoxe!
3. Cal é o río máis caudaloso de España?
- Texo
- Guadiana
- Ebro
- Nalón
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org
0 comentarios