Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? V

Continúo coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.

A contestación correcta á pregunta de onte é Río Roe. Discorre entre un enorme depósito de auga doce nos arredores da cidade de Great Falls, no estado de Montana (Estados Unidos), e o Río Misuri, prolongándose apenas ao longo de 61 metros. O recoñecemento deste feito tivo lugar en 1989, cando pasou a figurar no Libro  Guinness dos Récords. Antes disto, o río D, no estado de Oregón, era considerado como o río máis curto do mundo, cuns 150 metros de leito

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cal é o río máis contaminado do mundo?

- Ganges

- Salween

- Danubio

- Río da Prata

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org

0 comentarios