Blogia
vgomez

CANTO SABES DE ARQUEOLOXÍA? VIII

Continúo coa serie Canto sabes de arqueoloxía?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre esta disciplina que estuda as sociedades antigas a partir dos seus restos materiais.

A contestación correcta á pregunta de onte é 900. Os moáis son estatuas monolíticas humanoides situadas na illa de Pascua (Chile).​ Os máis de novecentos coñecidos  esculpidos polos antigos rapa nui están distribuídos por toda a illa. A maioría deles foron labrados en toba do cono volcánico Rano Raraku, onde quedan máis de catrocentos moái en diferentes fases de construción. O período histórico de todo o desenvolvemento das diversas técnicas construtivas estendeuse entre o 700 d.C e o 1600 d.C. Todo indica que a canteira foi abandonada repentinamente e quedaron estatuas a medio labrar na rocha. O significado dos moáis é aínda incerto, e hai varias teorías ao redor destas estatuas. A máis común delas é que as estatuas foron talladas polos habitantes polinesios da illa, entre os séculos IX e XVI, como representacións de antepasados defuntos, de maneira que proxectasen o seu mana (poder sobrenatural) sobre os seus descendentes.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Cales son algúns dos obxectos máis comúns que se atopan nun sitio arqueolóxico?

- Roupa/tecidos

- Pezas de cerámica rotas

- Ósos

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org

0 comentarios