Blogia
vgomez

CANTO SABES DE POLONIA? XI

Continúo coa serie adicada a Polonia, un país do centro de Europa e membro da Unión Europea, sendo o gran descoñecido de Europa.

A contestación á pregunta de onte é Católica. A maioría dos polacos adhírense ao catolicismo romano. O 71,3% da poboación identificouse como tal no censo de 2021, fronte ao 87,6% en 2011. O resto da poboación componse principalmente de ortodoxos orientais (Iglesia Ortodoxa Polaca, aproximadamente 507.196 crentes), varias igrexas protestantes (a maior das cales é a Igrexa Evanxélica da Confesión de Augsburgo en Polonia, con 61.217 membros) e as Testemuñas de Jehová (116.935). En Polonia hai ao redor de 55.000 católicos gregos. Outras relixións practicadas en Polonia, por menos do 0,1% da poboación, inclúen o islam, o xudaísmo, o hinduismo e o budismo.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Cal é a moeda oficial de Polonia?

- Som

- Grivna

- Rublo

- Zloty

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes:es.wikipedia.org e lalonjavalencianumismatica.com

0 comentarios