Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE O IMPERIO ROMANO? XI

Continúo coa serie adicada a o Imperio Romano. A civilización romana é considerada unha das máis influentes da historia. Definiu a historia e os costumes de boa parte da humanidade e a súa influencia perdura aínda con forza nos nosos días.

A contestación correcta á pregunta de onte é Legado. Cada lexión, baixo o mando dun legatus, constaba de infantería e de cabalería. Inmediatamente baixo o seu mando había sete tribunos militares, dos cales seis eran oficiais procedentes do ordo equester, 5 tribuni angusticlavii con mando sobre dúas cohortes e un tribunus sexmestris ao mando da cabalería lexionaria, e un era membro do ordo senatorius como tribunus laticlavius, e era un novo senador que exercía de segundo do Legado. Por baixo, atopábase o Praefectus Castrorum, un antigo Primus Pilus que no canto de xubilarse ascendera a este posto e ingresado no ordo equester. Era o encargado da loxística, do mantemento do campamento e do mando da artillería e maquinaria de asedio en combate. A infantería constaba de dez cohortes, das que a primeira era especial. Estaba formada por cinco centurias de oitenta homes, cada unha delas baixo o mando dun centurión, sendo o centurión da primeira centuria chamado Primus Pilus, e por tanto o cuarto home da unidade, con acceso directo ao Legado. Ademais incluía un corpo de seiscentos homes que non participaba na batalla formado por escribanos e comerciantes. En total uns mil homes. As nove cohortes restantes eran iguais. Cada unha destas cohortes, de catrocentos oitenta homes, dividíase en seis centurias baixo o mando de senllos centuriones. A cabalería estaba integrada por uns cento vinte homes, en catro turmae de 30 xinetes ao mando de senllos centurións. Por baixo dos centurións atopábanse os suboficiais, chamados principais, de entre os que destacaban o optio ou lugartenente do centurión, o signifer ou porta estandare ou signum dunha centuria, o aquilifer, portaestandarte maior da Lexión, o tesserarius ou suboficial de seguridade, e outros moitos cargos especializados, como o veterinarius. Aínda por baixo estaban os inmunes, exentos de traballos pesados, formados por algúns especialistas e por todos os xinetes, con dobre paga ou paga e media. Por último, estaban os soldados rasos.

E imos coa pregunta de hoxe!


11. Destas moedas romanas, cal é a de maior valor?

- As

- Sestercio

- Denario

- Quinario

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE:  es.wikipedia.org  Imaxe: es.wikipedia.org

0 comentarios