Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? VII

Continúo coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.

A contestación correcta á pregunta de onte é Río Asón. Conta cunha lonxitude total de 39 quilómetros e discorre pola cornixa cantábrica. Nace en Portillo de Asón e desemboca no Cantábrico xunto a Colindres.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Cal destes ríos non é europeo?

- Dniéper

- Moldava

- Amur

- Rin

- Volga

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org

0 comentarios