SABÍAS QUE... EQUIPO OLÍMPICO DE REFUXIADOS
Sabías que... nos Xogos Olimpicos de Tokyo 2020 participarán 29 deportistas de 11 países diferentes baixo o nome de Equipo Olímpico de Refuxiados e poderán cumprir o soño de competir contra os mellores deportistas do mundo.
Os 29 refuxiados foron elixidos polo Comité Executivo do COI dun grupo inicial de 55 que recibiron a Bolsa para Atletas Refuxiados do COI.
Durante a cerimonia de apertura dos Xogos Olímpicos de Tokyo que se celebrará hoxe, 23 de xullo, o equipo entrará no novo Estadio Nacional de Xapón coa bandeira olímpica inmediatamente despois de que Grecia abra o pano a todos os participantes desta edición. Ademais, para todas as representacións oficiais do equipo, izarase a bandeira olímpica e escoitarase o himno olímpico, incluíndo as posibles cerimonias de medalla.
Será a segunda vez que un Equipo de Atletas Refuxiados participa nos Xogos Olímpicos, tras os disputados en Río de Xaneiro en 2016.
“Son un grupo excepcional de persoas que inspiran ao mundo. Sobrevivir á guerra, á persecución e á angustia do exilio xa os converte en persoas extraordinarias, pero o feito de que agora tamén destaquen como atletas na escena deportiva mundial éncheme de inmenso orgullo”, sinalaba o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados, Filippo Grandi, tamén vicepresidente da Fundación Olímpica para os Refuxiados.
O equipo hospedarase na Vila Olímpica xunto aos outros 206 Comités Olímpicos Nacionais e recibirán as axudas pertinentes por parte do COI ao longo dos xogos.
FONTE: rtve.es/deportes Imaxe: elespanol.com
0 comentarios