CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS?
Comezo hoxe unha nova serie adicada as abellas: CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? As abellas son insectos e igual que as formigas, atópanse en todos os continentes excepto na Antártida, e, como estas, adoitan formar sociedades complexas. Aínda que son cruciais para a polinización, tanto de cultivos como de plantas silvestres, o seu comportamento e organización social aínda encerra misterios.
Propónoche por a proba os teus coñecementos sobre estas fascinantes criaturas. Anímaste? Pois comezamos!
1. As abellas son animais, artópodos, insectos, pero a que orde pertencen?
- Lepidópteros
- Hemípteros
- Himenópteros
- Coleópteros
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e aportacións propias con información gal.wikipedia.org Imaxes: animalesextremos.com e animalgourmet.com
0 comentarios