Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? II

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? As abellas son insectos cruciais para a polinización, tanto de cultivos como de plantas silvestres, o seu comportamento e organización social aínda encerra misterios.

A contestación correcta á pregunta de onte é Himenópteros. unha grande orde de insectos caracterizados por posuíren ás membranosas, nas cales se poden ver facilmente os vasos sanguíneos. O taxon inclúe, entre outros, as abellas, as avespas, o abesouros e as formigas. Probablemente é o terceiro maior grupo de insectos do mundo.

E imos coa pregunta de hoxe!

 

2. Cantos ollos ten unha abella?

- 2

- 3

- 5

- 6

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e aportacións propias con información gal.wikipedia.org    Imaxe: fundacionaquae.org

0 comentarios