CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? III
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? As abellas son insectos cruciais para a polinización, tanto de cultivos como de plantas silvestres, o seu comportamento e organización social aínda encerra misterios.
A contestación correcta á pregunta de onte é 5. Unha abella ten 5 ollos: 3 ollos simples na parte superior da súa cabeza, sobre a fronte, e 2 ollos compostos, con numerosas facetas hexagonais, en cada lado da cara.
E imos coa pregunta de hoxe!
3. Cantos pares de ás ten unha abella? canto sabes sobre as abellas?
- 2 pares
- 3 pares
- 4 pares
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e aportacións propias con información gal.wikipedia.org Imaxe: ingenieria.es
0 comentarios