CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? XI
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? As abellas son insectos cruciais para a polinización, tanto de cultivos como de plantas silvestres, o seu comportamento e organización social aínda encerra misterios.
A contestación correcta á pregunta de onte é 2. Trátase dunha avespa. Á vista das imaxes podemos distinguilas fácilmente. As avespas, por exemplo, son negras ou marrón escuro e amarelas, e dependendo da variedade poden ser case escuras por completo, como no caso da avespa asiática. As abellas en cambio son de cor parda máis ou menos escuro e dourado, non amarelo brillante. As avespas posúen a súa característica “cintura”, unha zona moi estreita que separa o tórax do abdome, mentres que no caso das abellas o estreitamento non é tan notable. Ademais, a abella ten aparencia peluda, pois presenta peliños de queratina en tórax, cara, abdome e patas, mentres que a avespa non.
E imos coa pregunta de hoxe!
11. Unha especie invasora, que chegou a Galicia en 2011, ataca as abellas melíferas europeas (Apis mellifera), podendo acabar con gran parte dunha colmea en pouco tempo e minguar a súa produtividade. Como se chama esta especie invasora?
- Abesouro (Bombus hortorum)
- Avespa asiática (Vespa velutina)
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es, fundacionaquae.org e aportacións propias con infor mación gal.wikipedia.org Imaxe: cadenaser.es
0 comentarios